Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 1y ago
Menambahkan eight tahun yang lalu
Konten disediakan oleh Radio campUSCulturae. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Radio campUSCulturae atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Player FM - Aplikasi Podcast
Offline dengan aplikasi Player FM !
Offline dengan aplikasi Player FM !
Podcast Layak Disimak
DISPONSORI
<
<div class="span index">1</div> <span><a class="" data-remote="true" data-type="html" href="/series/action-academy-replace-the-job-you-hate-with-a-life-you-love">Action Academy | Replace The Job You Hate With A Life You Love</a></span>


Ready to replace your 6-figure salary with real freedom? This is the podcast for high earners who feel stuck in jobs they’ve outgrown. If you’re asking, “How do I actually replace $10K–$20K/month so I can quit and never look back?” — welcome home. At Action Academy, we teach you how to buy small businesses and commercial real estate to create cash flow that actually replaces your job. Monday through Friday, you’ll learn from 7–9 figure entrepreneurs, real estate moguls, and acquisition pros who’ve done it — and show you how to do it too. Hosted by Brian Luebben (@brianluebben), who quit his 6-figure sales role in 2022 to build a global business while traveling the world. If you're a high-income earner ready to become a high-impact entrepreneur, this show is your playbook. Subscribe now and start your path to freedom — or keep pretending your job will get better someday....
Burán
Tandai semua (belum/sudah) diputar ...
Manage series 1419184
Konten disediakan oleh Radio campUSCulturae. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Radio campUSCulturae atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa.
…
continue reading
63 episode
Tandai semua (belum/sudah) diputar ...
Manage series 1419184
Konten disediakan oleh Radio campUSCulturae. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Radio campUSCulturae atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa.
…
continue reading
63 episode
Semua episode
×B
Burán

Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo que tivo no cinema e na literatura e a sombra da distopía que espreita. E escoitando achados como P.R2B, Caetano Veloso ou Camarada Nimoy.…
B
Burán

Segundas partes nunca serán boas, pero os reencontros poden ser gloriosos. Co mesmo espírito das primeiras veces e a experiência que a vida, a pandemia e a crioxénese lles deu, a tripulación de Burán protagoniza un dos reencontros máis agardados dos podcasts galegos. E soando Familia Caamagno, Vera Lynn, Triángulo de Amor Bizarro e o Devalo que pide os desexos que sempre compartimos: volver.…
O universo conspira para que Burán regrese unha temporada máis. O transbordador consegue unha nova conexión co planeta terra para falar de teorías máis ou menos conspiranoicas, contubernios xudeo-masónicos, illuminatis desbocados, simboloxías crípticas na música pop e outras herbas estrañas. Cunha banda sonora que vai choutando por Offspring, Katy Perry, Bad Religion, Madonna e o combo mortal de Arrhythmia con Rebeliom do Inframundo.…
Compartindo piso. A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista galáctico famoso por compartir vivenda por todo o planeta e escoitamos grandes grupos que trataron o tema da partilla como Los Hermanos, Beach Boys e outros que coñecedes pola tele. Podes escoitar este e outros programas na web www.radiocampusculturae.org…
"Maldita memoria" cóntannos que berran os políticos na Terra antes de cada cita electoral. Neste Burán afondamos no funcionamento deses mecanismos do recordo: a amnesia, hipermnesia e outros síntomas, e tamén repasamos algúns dos filmes que centraron nela a súa trama. Escoitando Baiuca, Yo La Tengo, Fino Coletivo e Gran Purismo entre outras músicas inesquecíbeis.…
Neste Burán falamos de micronacións, reais ou inventadas, lugares minúsculos e imposibles neste planeta ou en órbita. Con música de Fermín Muguruza, Ataque Escampe e Muse, ademáis dalgún himno máis grande que o país ao que pertence.
Un novo espazo de Burán Podes escoitar este e outros programas en www.radiocampusculturae.org
O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema. Escoitaremos cantares de cego, Hercules & Love Affair ou a Tiago Nacarato.…
vixésimo séptimo programa dos cosmonautas do transbordador Buran
En 1988, a Unión Sobiética lanza o espazo o primeiro transbordador Burán; Burán, que significa xistra, estaba chamado a ser unha das pezas máis importantes do programa espacial sobiético, pero a caída do muro de Berlín un ano despois, e a posterior disolución da URSS fan que o proxecto seña cancelado. Teóricamente, os transbordadores quedan avandonados sen celeiros polo territorio da nova república Rusa, pouca xente sabe que un deles, lanzado en colaboración coa Axencia Espacial Galega, ficou avandonado bagando polo cosmos, no seu interior catro cosmonautas que tras ver como desaparece o país que os mandou, seguen agardando que naza aquel que os ten que rescatar, no tempo longo, falan entre si.…
B
Burán

Hoxe en Buran poñémonos un pouco máis serios do habitual para falar sobre o suicidio, perspectivas, medidas e filosóficas, pero tamén literarias e musicais...
Existen os superheroes? Neste episodio achegámonos a figuras con biografías incríbeis ou altamente improbábeis. Estrelas do rock e da astrofísica, aviadores que pilotaron a sorte, señores que mapearon un país a cabalo e actrices que deseñaban o sen fíos mentres triunfaban en Hollywood. Escoitando heroes como Caxade, Eric Clapton, Blood Filloas ou Leonardo da Vinci.…
Que posibilidades hai de que deas con este capítulo de Burán por casualidade? Pois moitas máis das que parece, neste programa falamos de sincronicidades e de como a nosa mente constrúe fermosos edificios baseados en feitos illados. Cunha volta do destino de Bob Dylan, The Police, Ana Moura ou Os amigos dos músicos.…
As cousas non son o que parecen. Case nunca. Neste programa a tripulación analiza unha boa presada de cancións que falan en realidade de cousas inesperadas. Inocentes temas sobre paxariños que son un canto á revolta social, óperas para iniciar unha revolta contra as forzas de ocupación ou músicas indie con subtexto LGBTQ. Sen esquecer todo o que a galeguidade oculta tras a auga e os muíños.…
O transbordador Buran recolle un novo autoestopista chamado Juan D. Díaz para repasar con el a historia da arquitectura desaparecida da capital galega. Rúas que se salgaban e tiñan que ser pechadas para sempre, furias demoledoras de alcaldes franquistas e outras formas de crear edificios fantasmas. Soando The Homens, Aló Django, Muse e Hanz Zimmer.…
Ao longo da historia varios grupos humanos tiveron a xenial idea de mesturar os seus proxectos políticos con posturas místico-relixiosas, algunhas veces aderezados tamén con drogas e complexos mesiánicos. Neste episodio analizamos os exemplos máis disparatados, descacharrantes e algúns dos máis tráxicos, escoitando música de Galician Army, os Beatles ou os Beach Boys.…
Os mitos populares e as lendas tribais, moi especialmente no caso galego. Ou dito doutra forma, os restos que quedaron dunha cristianización mal feita e que aínda aparecen nos rituais do lume e das ondas, nos tesouros perdidos e nos rituais da menciña popular. Escoitando música de bruxaría con Dr. John, Pendulum e Na Lúa versionando ao José Afonso.…
Segunda parte do tema da loucura, nesta ocasión o seu pouso e os seus clichés no mundo da literatura, aínda que non só. Con Gnarls Barkley, Daniel Johnston e Sergio Mendes, ademais dos devaneos musicais dun capitán que volve das súas misións con estrés post-traumático e ao que recibimos con moito cariño.…
A tripulación reflexiona sobre o pouso que a loucura deixou no cinema e outros eidos da cultura popular. Cun repaso ás grandes cancións sobre mentes e litio entre Nirvana, Placebo, Mallu Magalhaes e alDDao.
Hai xeitos e estilos para facelo todo, no programa desta quincena, a tripulación de Buran fala de mortes curiosas, as que son claramente ridículas, as que denotan unha resistencia sobre-humana e as que son auto-infrinxidas dos máis variados xeitos. Cunha selección musical no que buscamos o lado fermoso da vida de man de Samesugas, Vinícius e Toquinho e os nosos admirados Monty Python.…
Tras superar algúns problemas técnicos, a tripulación do Buran fai un percorrido pola historia dos plaxios. Un programa cargado de cancións (e as súas copias máis ou menos ilexítimas) que van de George Harrison a Jorge Ben e de aí a José Afonso. O primeiro programa non completamente orixinal de Buran, partindo de que é un plaxio de nós mesmas.…
Tras recoller un autoestopista galáctico-galaico, a tripulación aborda unha conversa con el sobre os videoxogos nas nosas vidas. A nostalxia que non sabías que tiñas das recreativas soviéticas, como convenciches aos teus pais de que a cousa molaba usando o Tetris e as memorias de gamers que todas temos gardadas no faiado. Unha cita na que empezamos con versións de Lana del Rey (porque as rapazas tamén xogan) e seguimos con Nobuo Uematsu e os seus Black Mages, e coas vidas extra que sempre nos presta Malandrómeda.…
A tripulación esperta con lembranzas confusas e o resaibo de soños estraños. Así que dedicamos o programa a falar do mundo onírico, de Freud a Jung, ou de Paprika a Inception, sen esquecer o noso vello amigo Pedro Chosco. Na banda sonora, Caetano Veloso, Narf, o Enter Sandman de Metallica e as anainas de Chet Baker.…
Nunha nave xestionada por humanos non deixamos de preguntarnos como sería deixar os nosos rumbos en man dunha intelixencia artificial. Máquinas que aprenden, posíbeis personalidades, a tentación do mal, ou os dereitos e liberdades que poden ter (ou non) as intelixencias tecnolóxicas que nos rodean son algúns dos temas que tratamos. Tamén da súa extensión na literatura galega recente ou en filmes non tan novos nunha viaxe na que albiscamos a singularidade ao lonxe. Con música de varias intelixencias artificiais, ademais dos novos Peña e os non tan novos Radiohead.…
Criptocousas, a arte de ocultar mensaxes desde a antigüidade, a espías como Mata Hari, heroes de guerra como Alan Turing ou o seu emprego actual nas criptomoedas tan de moda nos últimos meses. Unha viaxe apaixonante co capitán de volta aos mandos da nave e onde pincharemos cousas fóra do común como Músculo!, Make Up and Vanity Set, García MC ou a indesencriptable Björk.…
Pódese viaxar no tempo? E necesario un Delorean? E se viaxas no tempo e atropelas sen querer ao teu propio avó ou ao de Manu Chao? Destas e doutras cuestións tratamos neste programa: pastores que buscan ovellas perdidas, conspiracións contra Ramsés II, máquinas do tempo e utopías feitas realidade. Tamén vos aprenderemos a distinguir a viaxe no tempo dos universos alternativos e entender por que o tempo é unha dimensión. E todo a ritmo de Malandrómeda, Mano Negra, Joan Colomo e Moon Cresta.…
No segundo Buran da temporada analizamos as nosas lendas urbanas favoritas. Músicos que nunca morreron, a nena da curva, o rei en moto, as fraudes que rodean a alimentación e a saude. Un programa que inclúe un bonus para poderte bañar sen acabar de facer a dixestión e onde Elvis Presley rockanrolea despois de morto para nós, Marilyn Manson lembra os seus anos como actor infantil, a metade de The Homens poñen a sintonía de peche e avións do Seprona planean sobre os montes galegos con tétricas e reptilianas cargas.…
Buran regresa na segunda tempada falando novamente de vampiros, nesta ocasión con perspectiva contemporánea. Falamos do vampiro como ser problemático que se enfronta a unha natureza diferente, tamén como representación do marxinal e da súa relación coa sexualidade (especialmente co lesbianismo). E pasando polas versións humorísticas e por aquelas propostas que trataron de convertelo nunha fantasía conservadora. Movéndonos na longa distancia que vai de Cris Pavón e Stephenie Meyer e con músicas de Arctic Monkeys, Muse ou Legião Urbana.…
Selamat datang di Player FM!
Player FM memindai web untuk mencari podcast berkualitas tinggi untuk Anda nikmati saat ini. Ini adalah aplikasi podcast terbaik dan bekerja untuk Android, iPhone, dan web. Daftar untuk menyinkronkan langganan di seluruh perangkat.