Te invitamos a examinar qué sentimos para intentar traducirlo en palabras.
…
continue reading
Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 9M ago
Menambahkan four tahun yang lalu
Konten disediakan oleh Café Derby 21. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Café Derby 21 atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Player FM - Aplikasi Podcast
Offline dengan aplikasi Player FM !
Offline dengan aplikasi Player FM !
Podcast Layak Disimak
DISPONSORI
T
Threshold


Living together in a group is a strategy many animals use to survive and thrive. And a big part of what makes that living situation successful is listening. In this episode, we explore the collaborative world of the naked mole-rat. Threshold is nonprofit, listener-supported, and independently produced. You can support Threshold by donating today . To stay connected, sign up for our newsletter . Operation frog sound! Send us your frog sounds for an upcoming episode. We want you to go out, listen for frogs and toads, and record them. Just find someone croaking, and hit record on your phone. It doesn’t matter if there’s background noise. It doesn’t even matter if you’re not sure whether or not you’re hearing an amphibian—if you think you are, we would love to get a recording from you. Please also say your name and where you are in the world, and then email the recording to us at outreach@thresholdpodcast.org…
Café Derby 21
Tandai semua (belum/sudah) diputar ...
Manage series 2817545
Konten disediakan oleh Café Derby 21. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Café Derby 21 atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
…
continue reading
109 episode
Tandai semua (belum/sudah) diputar ...
Manage series 2817545
Konten disediakan oleh Café Derby 21. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Café Derby 21 atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
…
continue reading
109 episode
Semua episode
×C
Café Derby 21

1 👋A DESPEDIDA👋 con Nico, Carme e Adrián 1:05:10
1:05:10
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai1:05:10
Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre 👋A DESPEDIDA 👋 con anécdotas , recordos e consellos. Grazas por todos estes anos de confianza! 💙 · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙…
C
Café Derby 21

Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela . Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co padriño do noso podcast para darlle final. O escritor Xacobe Pato pasou polos nosos micros hai 4 anos e volve agora para falar do 👀 FUTURO 👀, non tanto como ciencia ficción , senón como as proxeccións, o medo ao futuro ou a idealización do futuro. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙…
C
Café Derby 21

No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga . En concreto, de Iribarne , a obra de teatro que está dando a volta a Galicia , esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre 🎭 O TEATRO 🎭 contamos coa actriz Lidia Veiga , tamén coñecida como integrante do podcast Exército Mekemeke . Xunto a ela falamos da figura cultural, histórica e popular de Manuel Fraga, das nosas memorias fraguistas, das miles de placas co seu nome e despois pasámonos ao plano existencial: calma, ansiedad e , infancia, consumo de cultura ... Unha terapia común! · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💙…
C
Café Derby 21

Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre 🔙 O PASADO 🔙. Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas , de vivir no presente e non deixarse levar por recordos sesgados ou das músicas de onte e máis atrás, entre outros moitos temas. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙…
C
Café Derby 21

Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️ O AMOR ❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore , amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV . A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez , a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en ' Sálvame ' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙…
C
Café Derby 21

Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥 IMPROVISAR 💥 e falar de humor , da vida e de ligar . Logo de gañar dous Mestre Mateo , Lucía Veiga chega ao noso podcast para afondar nos misterios da risa , poñer en valor a importancia da improvisación para saír adiante e deixar consellos sobre como improvisar en entrevistas de traballo ou infidelidades . · Co apoio inestimable de Deleite e o traballo de edición de Xoán Bregua💙…
C
Café Derby 21

Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterio s foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales . Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar , desde o persoal ata o profesional. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙…
C
Café Derby 21

Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias , finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut ' Os espazos en branco '. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias , dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da 💭 MEMORIA 💭. Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influíntes, momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S , a construción de recordos ou as cámaras analóxicas. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙…
C
Café Derby 21

Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia , na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre 🍺 OS BARES 🍺. Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias arredor dos bares , o novo conflicto da Hortelería e os seus bares fabricados en cadea sen personalidade, as casas de comidas tradicionais, a importancia da taberna no núcleo rural e os nosos bares de favoritos na cultura, como Los Serrano, Pratos Combinados ou Seinfeld . · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
C
Café Derby 21

1 🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️ con Iván Iglesias 1:02:59
1:02:59
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai1:02:59
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para parolar sobre 🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️, pero as de todos tipos. O equipo de Ou Ké! está cubrindo a campaña e as semanas previas ás eleccións galegas, por iso xuntámonos con Iván Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos, ademais de facer as nosas porras e quinielas. Ademais tamén tratamos as outras 🗳️ ELECCIÓNS 🗳️ que nos tocan de preto: a canción Zorra de Nebulossa a Eurovisión, a final de Operación Triunfo e as eleccións vitais (tomadas ou non) que non traen ata onde estamos. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
C
Café Derby 21

Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙 BO ROLLO 🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants , que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo' . Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single 'Blaster w4u' , e afondamos na importancia de estar en equilibrio , surfear os problemas , rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
C
Café Derby 21

Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia . E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deporte como convidada. Dedicamos o episodio 100 ao ⚽ FÚTBOL ⚽ coa futbolista Vero Boquete . Repasamos a traxectoria dunha das mestras do deporte rei, desde os seus comezos nas categorías infantiles ata o seu presente en Italia ou o paso por Estados Unidos, ademais de achegarnos á realidade actual do fútbol feminino , o seu estado de gloria, os referentes ou os múltiples casos de discriminación e polémicas vividos nos últimos tempos. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
C
Café Derby 21

No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠 . Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela , autor de Ninguén queda e gañador do Premio Nacional da Crítica . Xunto a este vilalbés afincado en New York falamos da importancia da cociña dentro do fogar, das dinámicas que se forman na cociña, dos tipos de cociña e de como fan fogar, do retorno ao fogar familiar, da perda de liberdade, do retorno efímero á adolescencia e a calefacción dos apartamentos ao norte de Manhattan , entre outros temas. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
C
Café Derby 21

Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew , en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego. Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, puxemos calma para afondar no tema do programa: 📍 PIONEIROS 📍. Repasamos os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas. · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 , en Tik Tok e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
C
Café Derby 21

Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno , un dos filmes da temporada e dentro do noso top do ano. Ela xa é profeta na súa terra, en todas elas. Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre 🚫 O PROHIBIDO 🚫 a raíz do que acontece no filme O Corno , pero tamén en todos os ecos que resoan na actualidade. Achegámonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidad e ou autocensurar o teu desexo. *AVISO: Por mor dun problema técnico no procesado do arquivo de audio, este programa ten unha duración lixeiramente inferior á habitual. Lamentamos as molestias, O Corno volverá ao Café Derby 21. Prometido! · Podes atoparnos en Vinte na Praza , no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚…
Selamat datang di Player FM!
Player FM memindai web untuk mencari podcast berkualitas tinggi untuk Anda nikmati saat ini. Ini adalah aplikasi podcast terbaik dan bekerja untuk Android, iPhone, dan web. Daftar untuk menyinkronkan langganan di seluruh perangkat.