NALINGUA 9: Virtudes (e misterios)
MP3•Beranda episode
Manage episode 293453415 series 2763262
Konten disediakan oleh Laboratorio de Radio. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Laboratorio de Radio atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
NALINGUA en directo desde a Libraría Biblos de Betanzos co autor de Virtudes (e misterios), Xesús Fraga, Isabel Sánchez, unha das protagonistas do libro e Malores Villanueva, profesora, editora, crítica literaria e doutora en filoloxía galega pola USC. Unha muller cargada de bolsas camiña por Londres. Polo seu Londres. Esa muller é o resultado dunha metamorfose, dunha mudanza forzada. É unha historia de emigración, desas que constrúen a identidade dun pobo que só pensa nos seus, nas súas. Esa muller encadea traballos, un detrás doutro; percorre unha cidade enorme que fai pequena cun corpo no que agroman os soños e os folgos. Os soños de que a súa xente nunca lle falte de nada. Os folgos pra que eses soños se convirtan en realidade. Se este podcast fose en inglés falaría de Betty. Se este falangullo falase en galego, cambiaría as rúas da city polas de Betanzos e tería un nome propio: Virtudes Edreira. Comeza, NALINGUA! Grazas por todo, Xesús Fraga, autor do libro Virtudes e misterios. Grazas Isabel Sánchez, emigrante, loitadora, curiosa e valente. E grazas polas túas achegas e polo traballo a prol da literatura en galego, Malores Villanueva. Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Grazas por todo A Xesús Fraga, autor do libro Virtudes (e misterios). Grazas a Isabel Sánchez, emigrante, loitadora, curiosa e valente. E grazas polas achegas e polo traballo a prol da literatura en galego de Malores Villanueva. Grazas tamén a Carmela, Pilar e Tucho, da Libraría Biblos A todas as voces que formaron parte deste podcast: Leonor Sánchez, os compas do Té Con Gotas, Pilar Izquierdo, Christian Beaven, Susana Doel, David Fernández, Xavier Sánchez, Domingo Gómez, Eva Moreda e ao colexio Víctor Sáenz de Mazaricos. Na produción e técnica estivo o gran Daniel Vidal, a persoa que fixo que NALINGUA fose video foi Xabier Martínez e na edición estivo Lucía Abarrategui. Músicas empregadas: Rap Nalingua, por BreaMc Forro, por Caamaño & Ameixeiras Brooks, April e Denouement, por Kai Engel Bumble, Through The Lens e Worky Worky, por Andy G. Cohen Transparent e Peace Within, por Peter Rudenko
…
continue reading
13 episode