Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 4h ago
Menambahkan seven tahun yang lalu
Konten disediakan oleh Radio Cerna. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Radio Cerna atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Player FM - Aplikasi Podcast
Offline dengan aplikasi Player FM !
Offline dengan aplikasi Player FM !
Boletín informativo ambiental 15/11/24
Manage episode 450178673 series 1851508
Konten disediakan oleh Radio Cerna. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Radio Cerna atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos do concello. Isto e máis, en Radio Cerna!
…
continue reading
298 episode
Manage episode 450178673 series 1851508
Konten disediakan oleh Radio Cerna. Semua konten podcast termasuk episode, grafik, dan deskripsi podcast diunggah dan disediakan langsung oleh Radio Cerna atau mitra platform podcast mereka. Jika Anda yakin seseorang menggunakan karya berhak cipta Anda tanpa izin, Anda dapat mengikuti proses yang diuraikan di sini https://id.player.fm/legal.
Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos do concello. Isto e máis, en Radio Cerna!
…
continue reading
298 episode
Semua episode
×1 Boletín informativo ambiental 20/12/2024 10:00
10:00
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:00O pobo galego protagonizou unha xornada de reivindicación histórica o pasado domingo en defensa da terra e contra a macrocelulosa de Altri. As reaccións políticas non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di manterse firme e coas cousas claras e a oponición ínstao a escoitar a cidadanía. Nesta mesma semana, a coordinadora Eólica Así Non concentrouse diante do Parlamento de Galiza para denunciar o constante acoso do Partido Popular sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. ADEGA e o Concello de Santiago achegan a xestión sostible dos residuos e a compostaxe aos centros de ensino. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 13/12/2024 9:56
9:56
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
9:56Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramón Varela. Desde a ría tamén lanzan o seu NON ao proxecto, que suporía a estocada final a unha xa moi minguada produción na ría de Arousa. Ademais, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración no Parlamento o próximo martes 17 para denunciar o constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 06/12/2024 10:00
10:00
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:00Organizacións ambientais de todo o mundo esixen á Xunta de Galiza e ao Goberno de España a paralización inmediata da fábrica de Altri. E a mobilización social non cesa. Conta atrás para a gran manifestación contra a macrocelulosa que terá lugar en Compostela o 15 de decembro. O Partido Popular e o PSOE galego demandan a exclusión do lobo da listaxe de especies protexidas. Tamén no Parlamento, o PP rexeita unha moción presentada polo BNG para ampliar ata 2030 a moratoria de plantar eucaliptos. O Ártico podería quedar sen xeo antes de 2030. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 29/11/2024 10:00
10:00
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:00A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncian un clamor en Compostela contra Altri e a Xunta o próximo 15 de decembro. A Xunta de Galiza expulsa as organizacións ecoloxistas e as comunidades de montes veciñais do Consello de Minaría de Galiza; e no mar, bloquea a participación das entidades ambientais en Redemar. A asociación ecoloxista ADEGA procura fondos para recorrer ante o tribunal superior de xustiza de galiza o proxecto eólico Restelo, nos Ancares e na Fonsagrada. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 22/11/24 10:01
10:01
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:01ADEGA denuncia ante a Audiencia Nacional a autorización das obras do treito II da A-57, en Pontevedra. Doutra banda, a organización procura fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o proxecto eólico Monteiro, nos Ancares e na Fonsagrada. O Banco Central Europeo alerta das consecuencias da degradación dos ecosistemas sobre a inflación e o crecemento económico. E comezou esta semana un xuízo inédito con dúas grandes multinacionais implicadas: Iberdrola e Repsol. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 15/11/24 10:00
10:00
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:00Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos do concello. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 08/11/2024 10:01
10:01
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:01Comezamos este boletín co freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes; e coa autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de Alcoa. Ademais, Xunta de Galiza encarga un mapa de zonas inundables por máis de 266.000 euros seis días despois da catástrofe de Valencia. Tamén a Xunta quere reactivar 60 dereitos mineiros antes de que remate este ano. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 01/11/24 10:02
10:02
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:02A maior DINA do século XXI no Estado asola o País Valenciá. O canon eólico en Galiza fai 15 anos de vida e o goberno galego expón mudalo. A Xunta de Galiza acudirá ao TXUE para defender os eólicos paralizados cautelarmente polo TSXG. O Consello da Cultura Galega defende o rigor científico do informe sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 24/10/24 10:00
10:00
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:00O Partido Popular de Galiza rexeita a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e o marisqueo tradicionais. Tamén no Parlamento, esta semana aprobouse a Lei de Recursos Naturais de Galiza, a primeira norma da lexislatura. En materia eólica, a organización ecoloxista ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II, no concello de Mazaricos; e ademais, o Tribunal Supremo avala unha paralización cautelar dun parque eólico decretada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Viaxamos ao corazón de Galiza grazas ao descubrimento de novas galerías na cova da Sima de Aradelas, no Courel. Isto e máis, en Radio Cerna!…
A organización ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica conseguen paralizar cautelarmente outro proxecto eólico na montaña de Lugo. No mar, a Xunta prevé que en 2025 se autoricen en Galiza 5 proxectos de eólica mariña. En materia de turismo, Sanxenxo multiplica por 7,5 as persoas residentes durante o verán e un estudo alerta dos impactos ambientais desta situación. As rías galegas sofren o efecto deste turismo masivo e do cambio climático. Doutra banda, a educación ambiental chega á rapazada lucense da man de ADEGA e do programa de Medio Rural da Deputación de Lugo, Da Escola á Granxa. Isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 11/10/24 10:00
10:00
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:00A Xunta de Galiza inicia unha campaña para silenciar milleiros de persoas e colectivos opostos a Altri, e o presidente Rueda procura desacreditar as alegacións ao proxecto dicindo que a maioría son copias. A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, co apoio doutras asociacións e colectivos galegos, convocan unha nova gran mobilización contra Altri o 15 de decembro. Unha investigación da USC demostra a presenza no territorio que pretende ocupar o complexo industrial de 4 especies botánicas ameazadas. En materia eólica, o TSXG tomba de forma cautelar o macroproxecto eólico de Vila de Cruces a instancias de ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 04/10/2024 10:02
10:02
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:02O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a creación dunha comercializadora eléctrica, que a oposición cualifica como puro márketing. Altri recoñece que a macrocelulosa no Ulla non ten encaixe en ningún dos Proxectos Estratéxicos de Recuperación e Transformación Económica (Perte) lanzados polo Goberno do Estado. O eucalipto aumentou un 48% nas Fragas do Eume despois de ser declaradas Parque Natural. Máis de 800 persoas voluntarias ao longo de toda Galiza recolleron este pasado domingo case 8 toneladas de lixo no marco da Limpeza Simultánea de Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!…
1 Boletín informativa ambiental 27/09/24 10:02
10:02
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:02Sogarisa e Sogama sitúan Galiza no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos. O eucalipto ocupa o 14% do territorio total en Galiza, e case un 30% da súa extensión forestal. A Unión Europea sucumbe ás presións do sector da caza e gandeiro e rebaixa a protección do lobo. ADEGA e Proxecto Ríos poñen a punto a Limpeza Simultánea de Ríos 2024 en toda a xeografía galega para este domingo, 24 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 20/09/24 10:01
10:01
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:01Graves incendios forestais en Portugal. Os negocios turísticos móstranse preocupados pola macrocelulosa de Altri. O TSXG paraliza cautelarmente 59 proxectos eólicos en 71 concellos; e a organización ecoloxista ADEGA pon a disposición un modelo de alegación a outro proxecto eólico fotovoltaico na Ribeira Sacra. En materia de mobilidade, as cidades galegas viven o inicio dun cambio de modelo, con menos coches e máis bicis e VMP. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
1 Boletín informativo ambiental 13/09/2024 10:03
10:03
Putar Nanti
Putar Nanti
Daftar
Suka
Menyukai
10:03O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o freo cautelar do proxecto eólico Neboada, no Courel e na Ribeira Sacra. Todo isto e máis, en Radio Cerna!…
Selamat datang di Player FM!
Player FM memindai web untuk mencari podcast berkualitas tinggi untuk Anda nikmati saat ini. Ini adalah aplikasi podcast terbaik dan bekerja untuk Android, iPhone, dan web. Daftar untuk menyinkronkan langganan di seluruh perangkat.